XAN NO MIVICO 2007



A presentación de "Xan, a despedida" a diversos concursos e festivais comeza a dar os seus froitos e, durante esta pasada semana, o equipo desta curta recibiu varias e boas novas que neste blog iremos desmenuzando pouco a pouco. Como é esta a nosa intención teño que contarvos que a curta ten sido seleccionada para participar na Mostra Internacional de Videocreación de O Condado (MIVICO) que se celebra en Ponteareas. A produción de Contacontos foi seleccionada na categoría de Curtametraxes e, a estas alturas, xa todos agardamos con impaciencia a chegadas dos días 4,5 e 6 de outubro nos que se celebrará este certamen do audiovisual, no auditorio desta localidade pontevedresa. Como dicíamos ao comezo deste post son "varias e boas" as novas recibidas durante a pasada semana pero, polo de agora, só imos a adiantar esta. En breve contaremos algunha novidade máis do camiño desta curta polos festivais e certames. Seguiremos informando.

publicado por Contacontos @ 12:33, ,




ÉXITO NA ESTREA PONTEVEDRESA


Preto de 200 persoas achegáronse onte pola tarde ata o Café Moderno de Pontevedra para ver a estrea da curtamentraxe galega “Xan, a despedida”. A estrea contou coa presencia de boa parte do equipo artístico e técnico que fixo posible esta curtametraxe, así como con Elena Alonso Pino, a “voz” que protagoniza o tema central da banda sonora da curta. Tras a exitosa estrea do filme en Pontevedra, “Xan, a despedida” proxectarase, durante as vindeiras semanas, noutras localidades galegas como Santiago de Compostela, Ourense ou A Coruña. A curta iniciará ademais, nestas mesmas datas, a súa andaina nos circuitos nacionais e internacionais do xénero. En resumo, todo un éxito de estrea que rematou cun caluroso e prolongado aplauso do público asistente tras a proxección da curta.Parabéns a tod@s!

publicado por Contacontos @ 13:47, ,




ESTREA EN PONTEVEDRA DE "XAN, A DESPEDIDA"


O vindeiro venres 22 de xuño o Café Moderno de Pontevedra, situado na Praza de San José número 3 (Sede Fundación Caixa Galicia), acolle a partires das 20:15 horas, a estrea da curtametraxe “Xan, a despedida” da produtora galega Contacontos P.C. A curta, protagonizada polos actores galegos Marcos Correa, Xulio Abonjo e José María Tanas, está rodada integramente na localidade pontevedresa de Toutón (Concello de Mondariz). Estades todos convidados a acudir o venres a ver a estrea da curta.

publicado por Contacontos @ 13:08, ,